Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.156

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca o persoal afectado polo disposto no artigo 3 do Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 293/1998, do 26 de outubro, polo que se procede á execución da sentencia 85/1998, do 4 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e unha vez resolto o concurso ó que se refire o citado decreto, tanto na súa 1ª fase como na 2ª, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-lo persoal interino interesado pertencente á clase de veterinarios oficiais que resultase desprazado como consecuencia da dita resolución co obxecto de que, se é o caso, elixan por orde de antigüidade na prestación de servicios os postos que resultaron vacantes na 1ª e 2ª fase e que non se atopen ocupados por persoal interino.

Segundo.-O citado acto de petición terá lugar o vindeiro día 9 de maio de 2000 ás 17 horas no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os afectados elixirán por orde de antigüidade na prestación de servicios, computado este ata o día 9 de maio de 2000 e poderán solicita-los postos ata un número máximo de persoal interino igual ó das vacantes ofertadas.

Os citados deberán ir provistos de DNI ou doutro documento que acredite fidedignamente a personalidade.

Cuarto.-As citadas vacantes publicaranse oportunamente nos taboleiros de anuncios das consellerías da Presidencia e Administración Pública; Sanidade e Servicios Sociais; Pesca, Marisqueo e Acuicultura; Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria así como nos das súas delegacións provinciais ou territoriais.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública