Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de equipamento de oficina, aparellos e audiovisuais con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/3351 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: submistración de equipamento de oficina aparellos e audiovisuais con destino á Deputación Provincial da Coruña: fotocopiadora, guillotina, pletinas para casete, caixas rexistradoras, calculadoras, encadernadora, grampadoras eléctricas, máquina rotuladora, deshumidificadores, teléfonos móbiles, cámaras fotográficas, frigorífico, televisores, video, cortadora de friame, limpadora de vapor, aspiradoras, micrófonos sen fío, telefax, mesas rodantes.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 7.688.000 pesetas, (46.205,81 euros), desagregado en 22 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º-15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 17 de abril de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña