Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudio de detalle na rúa Camilo Veiga, esquina Paulino Freire. (Expediente 4972/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de marzo de 2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na rúa Camilo Veiga, esquina coa rúa Paulino Freire, presentado por Inversiones Riomar, S.L., redactado polos arquitectos Francisco Castro Nieto e Pedro Alonso Fernández, con visados do COAG con datas do 13 de novembro de 1998 e 28 de setembro de 1999.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguites recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

Non obstante, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso o contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que coide oportuno interpoñer e sexa procedente.

De conformidade co artigo 59 de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio e a publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 13 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo