Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 03 de maio de 2000 Páx. 7.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/469-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. emerxencia Laxe-túnel e reforma CC.TT.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 295 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Gran Vía S., ata o enlace coa L.M.T. existente o C.T. Loriga, á altura do cruzamento das rúas Venezuela e Simón Bolivar, no concello de Vigo. Reforma C.T. Gran Vía S. con dúas celas de liña. Reforma C.T. Loriga con tres celas de liña. Reforma C.T. túnel cun conxunto terminación exterior. Reforma C.T. Laxe con dúas celas de liña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 17 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra