Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 02 de maio de 2000 Páx. 7.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se notifica a resolución recaída no expediente de recurso de alzada C-11/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Francisco Pulleiro Oro que, con data do 20 de decembro de 1999, o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictou resolución estimatoria do recurso de alzada interposto contra outra da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural relativa a autorización de proxecto básico e de execución de vivenda unifamiliar na rúa Cátedra de Melide (A Coruña).

Contra a expresada resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural