Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000 pola que se anuncia a contratación do acondicionamento dunha área de ocio no concello da Laracha, polo procedemento de poxa.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP e acordo da Comisión de Goberno do 24-3-2000, anúnciase poxa por procedemento aberto para adxudica-las obras de acondicionamento da área de ocio no concello da Laracha, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a contratación das obras de acondicionamento da área de ocio no concello da Laracha, obra que figura no Plan de Medio Ambiente da Deputación Provincial da Coruña.

2. Duración do contrato: dous meses.

3. Tipo de licitación: 17.786.234 pesetas.

4. Garantía provisional: o 2% do tipo de licitación.

5. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

6. Pagamento do prezo: o pagamento será por conta da Deputación Provincial da Coruña en dúas anualidades:

1999 6.296.327 pesetas

200011.489.907 pesetas

Total17.786.234 pesetas

7. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

8. Apertura de proposicións: terá lugar o quinto día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, ás 13 horas, excepto que o sinalado fose sábado; nese caso diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

9. Modelo de propostas.

Don/a ... con domicilio en ..., rúa ..., número ..., teléfono ..., con DNI (ou pasaporte, ou documento que o substitúa) número ..., actuando no seu propio nome (ou en representación de ..., DNI ou CIF número ..., e con domicilio en ... número ..., teléfono ...) toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de ... (IVE incluído) que significa unha baixa de ..., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

..., ... de ... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

A Laracha, 3 de abril de 2000.

Rubricado e selado