Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2000 Páx. 6.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a convocatoria de poxa, por procedemento aberto, para o alleamento de material de bodega.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Ourense resolve convoca-la seguinte licitación de alleamento de material de bodega polo sistema de poxa, procedemento aberto:

1. Obxecto: alleamento de bens mobles constituíntes da bodega vinícola da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) en Leiro, (Ourense), que figuran na relación, de acordo coas bases e os pregos aprobados para iso.

Os orzamentos sinálanse na relación de bens.

2. Fianza provisional: 2% do prezo taxación ou saída da licitación.

3. Exposición de documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, como tamén os pregos particulares de condicións técnicas que se relacionan, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, das 9 horas ás 14 horas, na Secretaría Provincial da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Ourense, rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo.

4. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio e rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación, que non cadre a sábado.

5. Lugar de presentación de proposicións: no rexistro da delegación provincial, no lugar antes citado, ou en calquera das formas legalmente establecidas.

6. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a que se sinala nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 11 horas do décimo primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre a sábado, na Sala de Xuntas da Estación de Viticultura e Enoloxía (Evega) en Leiro, (Ourense).

8. Gastos de publicación: o custo destes anuncios será rateado entre os adxudicatarios.

9. Relación lotes:

-Lotes do 1 ó 12:

12 Depósitos Inox. de 1.000 litros.

Orzamento: 95.000 pesetas unidade.

-Lotes do 13 ó 15:

3 Depósitos Inox. de 1.000 litros.

Orzamento: 54.000 pesetas unidade.

-Lotes do 16 ó 23:

8 Depósitos Inox. de 1.200 litros.

Orzamento: 112.000 pesetas unidade.

-Lotes do 24 ó 29:

6 Depósitos Inox. de 1.500 litros.

Orzamento: 132.000 pesetas unidade.

-Lotes do 30 ó 32:

3 Depósitos Inox. de 3.000 litros.

Orzamento: 155.000 pesetas unidade.

-Lotes do 33 ó 34:

2 Depósitos Inox. isotermos de 2.000 litros.

Orzamento: 197.000 pesetas unidade.

-Lotes do 35 ó 37:

3 Depósitos Inox. de 6.000 litros.

Orzamento: 277.000 pesetas unidade.

-Lote 38:

1 Presa VASLIN de pratos.

Orzamento: 630.000 pesetas unidade.

-Lote 39:

1 Embotelladora.

Orzamento: 262.500 pesetas unidade.

Ourense, 12 de abril de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense