En congruencia co acordo 28-30 de marzo de 2000, da Comisión de Reclamacións do Claustro Universitario desta universidade, declarando non ratifica-la proposta no seu día realizada pola comisión xulgadora do concurso relativo á praza 98/070, de catedrático de universidade, área de coñecemento de ciencias da computación e intelixencia artificial, do departamento de Computación,
Este rectorado, no uso das atribucións concedidas polo artigo 40 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu a non-provisión da referida praza.
A Coruña, 6 de abril de 2000.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña