Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 22 de marzo de 2000, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a execución das obras de pavimentación e dotación de servicios na praza de Alacante e acondicionamento da rúa do Esquecemento, por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

-Pavimentación e dotación de servicios na praza de Alacante, por importe de 38.585.028 pesetas.

-Acondicionamento da rúa do Esquecemento, por importe de 7.694.963 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación (771.701 e 153.899 pesetas, respectivamente).

6. Obtención de documentación e información,

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfono: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a)Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría E, para a obra de pavimentación de dotación de servicios na praza de Alacante. Para a obra sinalada en segundo lugar non se precisa.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo (salón de plenos).

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ás 12 horas do terceiro día hábil, agás sábado posterior ó prazo de remate das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e nos teléfonos indicados no punto 6.d).

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 31 de marzo de 2000.

María Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área