Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (13/1999).

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión do día 17 de marzo de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do polígono F6.02 do plan xeral de ordenación municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advetíndoos de que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e no seu nome a Manuel F. López Sar como presidente dela para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representación municipal no órgano rector da xunta o xefe de xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requiri-la comisión xestora, e o seu nome a Manuel F. López Sar para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de duascentas dez mil cincocentas sesenta e seis (210.566) pesetas, advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresada a devandita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a alcaldía presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso, no de seis meses contados a partir da deses

timación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 22 de marzo de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda