Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento integral das portas automáticas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 17/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicio de mantemento integral das portas automáticas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Orzamento estimado: 13.599.984 ptas. (trece millóns cincocentas noventa e nove mil novecentas oitenta e catro ptas.) IVE incluído; 81.737,55 euros (oitenta e un mil setecentos trinta e sete euros con cincuenta e cinco céntimos de euro) IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento máximo autorizado.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de xullo de 2000 ou data da sinatura do contrato se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que recolle o artigo 199 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 19 da LCAP.

Criterios de adxudicación:

Prezo: 4,5 puntos.

Calidade do servicio: 4,5 puntos.

Outras achegas: 1 punto.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de contratación administrativa do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

Jordi Riba Hibernon

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela