Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Santa Mariña-Raposeira.
Situación: Ferrol.
Características técnicas: paso de aérea a subterránea da L.M.T. subestación Santa Mariña ós CC.TT. Cotogrande e Marola, en conductor R.H.V. de 240 mm en dobre circuíto e 800 m de lonxitude. Concello de Ferrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña