Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.C., R.B.T.S. Paseo Ramón Beade.
Situación: Betanzos.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 87 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 95 mm Al, que parte da L.M.T. a C.T. Serrerías del Mandeo e final no C.T.C. vinícola Coes de 250 kVA e ensamblaxe coa R.B.T. existente. Concello de Betanzos.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 28 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña