Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Cofisad da Coruña, solicitando autorización para imparti-los ciclos formativos de grao superior de xestión comercial e márketing e administración de sistemas informáticos, en horario non simultáneo coas ensinanzas que xa ten autorizadas.
Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se remite cos informes correspondentes.
Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-1-2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos á autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro), que desenvolve o antedito decreto. Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó
solicitado.
Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,
DISPÓN:
Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de formación profesional específica Cofisad da Coruña, para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior de Xestión comercial e márketing e administración de sistemas informáticos, en quenda de tarde-noite.
Segundo.-Mentres non se extinguen as ensinanzas de FP2, segundo o calendario de aplicación da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, poderán seguir impartindo as ensinanzas da rama administrativa e comercial; especialidade: administrativa.
Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.
Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.
Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Localidade: A Coruña.
Enderezo: Burgallal Marchesi, 52-A.
Código do centro: 15026571.
Denominación: centro privado de formación profesional específica Cofisad.
Titular: Pedro Díaz Currás.
Composición resultante:
Familia Profesional: administración.
1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 20 postos escolares).
1 ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).
1 ciclo formativo de grao superior de secretariado (1 unidade para 20 postos escolares).
Quenda: tarde-noite.
Familia profesional: Comercio e Márketing.
1 ciclo formativo de grao superior de xestión comercial e márketing (1 unidade para 20 postos escolares).
Familia profesional: informática.
1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).