Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2000 Páx. 6.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 228/1999-modificación).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro 1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese

a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten e aprobación do proxecto denominado modificado do proxecto da L.A.T. 220 kV Mesón-Vimianzo, entre os apoios nº 170 a 176. (Expediente 228/1999 en tramitación), consistente en:

Modifica-la liña eléctrica a 220 kV, pasando de un a dous circuítos, desde o apoio nº 170 ó 176, sobre apoios metálicos e con conductor LA-455/exágono, con dous conductores por fase, de 2.313 m de lonxitude, desde o apoio nº 170 ó pórtico de entrada na subestación de Vimianzo. Igualmente instalarase na mesma lonxitude cable de fibra óptica/terra, denominación OPGW, de 64 fibras. A finalidade da instalación será evacua-la enerxía eléctrica da futura subestación eléctrica de Camariñas. (Expediente 228/1999-modificación).

O que se fai público para coñecemento xeral, en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares dos dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 11 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Entre apoios 170 e 176

Expediente: 228/1999-modificaciónProvincia: A Coruña

L.A.T. 220 kV Sub. Mesón do Vento-Sub. VimianzoTermo municipal: Vimianzo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1390 BSobre da BarrancaM. altoManuela González AnteloGándara, 15120 (Vimianzo)166