Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da presidencia do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes, pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da concesión da xestión, explotación e mantemento das instalacións deportivas de Campolongo (piscina cuberta e climatizada, squash, ximnasio e cafetería).

1. Entidade adxudicadora: organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes, rúa J. M. Pintos, s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Xunta Rectora.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión, explotación e mantemento das instalacións deportivas de Campolongo (piscina cuberta e climatizada, squash, ximnasio e cafetería) do organismo autónomo local Instituto Municipal de Deportes.

b) Duración da concesión: o contrato de xestión, explotación e mantemento das instalacións deportivas de Campolongo terá unha duración máxima de dez anos improrrogables, computados desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon: o canon anual mínimo para satisfacer polo concesionario fíxase en 2.000.000 de ptas., que será aboado na Tesourería do concello por trimestres vencidos, dentro dos primeiros dez días do mes seguinte ó vencemento.

5. Garantías.

a) Provisional: 800.000 ptas.

b) Definitiva: unha anualidade do canon cun mínimo de 5.000.000 de ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Rúa J. M. Pintos, s/n. Pontevedra 36005. Teléfono: 986 87 20 12/13. Fax: 986 87 20 12.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro do organismo autónomo Instituto Municipal de Deportes, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas: será realizada mesa de contratación o segundo día hábil seguinte ó da terminación do prazo sinalado para a presentación das ofertas; se coincidese en sábado, a apertura realizarase o día seguinte hábil, ás 13 horas, na sala de xuntas do concello.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Melloras ofertadas en equipamentos de xeración de enerxía, depuración, telecontrol, automatización, outros accesorios, etc. das instalacións, non concretados no prego, debidamente valorados: ata un 25%.

b) Por experiencia en traballos similares (concesións administrativas para a xestión, explotación e mantemento de piscinas cubertas e climatizadas e, de se-lo caso, anexos) así como a cuantificación e cualificación (en número de horas e persoas) do cadro de persoal proposto polo licitador, xunto con datos profesionais que permitan valora-la experiencia e preparación: ata un 20%.

c) Proposta de execución de obras de conservación, mellora e mantemento, distintas das previstas no prego como obriga do adxudicatario e debidamente valoradas: ata un 20%.

d) Maior canon ofertado a favor do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra: ata un 15%.

e) Viabilidade do plan de explotación, utilización, organización e funcionamento dos servicios e instalacións, así como os plans e programas de actividades deportivo-recreativas proposto polo licitador: ata un 15%.

f) Pola reducción do prazo de concesión: ata un 5%.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación de anuncios e cantos outros se orixinen con motivo dos trámites preparatorios do contrato, así como todo tipo de tributos, incluído o imposto estatal sobre o valor engadido e o imposto municipal sobre actividades económicas.

Pontevedra, 13 de abril de 2000.

Manuel Xesús Fontán Bouzas

Presidente

Adolfo Castro Pérez

Secretario