Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 25 de abril de 2000 Páx. 6.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (O2000/8).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 14 de abril de 2000, acordou aproba-la rectificación das bases técnicas redactadas para a redacción do proxecto e execución das obras de construcción e urbanización do contorno dun obelisco conmemorativo do terceiro milenio.

Outórgaselles ós licitadores un novo prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, durante o que poderá examinarse e obterse copia da documentación na Sección de Contratación de Obras:

Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. 15001 A Coruña.

Teléfono: 981 18 42 19. Fax: 981 18 42 71.

Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es.

A Coruña, 14 de abril de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación