1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social -Inludes-.
2. Obxecto: realización dun estudio de valorización de recursos naturais dos municipios comprendidos no programa Proder-Miño.
3. Orzamento: un millón (1.000.000 de ptas.).
4. Duración do contrato: catro (4) meses desde a data de adxudicación.
5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.
6. Información: Sección Servicios Xerais-Negociado de Xestión de Programas Rexistro e Información.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: 13 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación a presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.
c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.
8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 76, do 1 de abril de 2000.
Lugo, 13 de abril de 2000.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo