Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:
Obra da contrata de execución esixida
Orzamento
Prazo
Clasificación
Acceso club náutico de Ponte Mourulle (proxecto reformado).
subgrupo 6,
categoría d
Traída de augas a Galgao.
Abastecemento de auga á parroquia de Agüeira.
Abastecemento de auga a S. Miguel e Reinante, barrios do Outeiro, Pumarrubín, Pumarín, As Pasadas e praias.
-Nº 44/POL 2000 Taboada.
37.000.000 6 meses Grupo G,
-Nº 1/POL 2000 Abadín.
10.000.000 4 meses Non se esixe
-Nº 5/POL 2000 Becerreá.
10.000.000 4 meses Non se esixe
-Nº 4/POL 2000 Barreiros.
10.000.000 3 meses Non se esixe
Características:
1. Entidade adxudicadora.
a) Deputación de Lugo.
b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.
2. Obxecto do contrato.
A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O que se sinala ó comezo do anuncio.
5. Garantías.
a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.
b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.
Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Deputación de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.
d) Teléfono: 982 25 10 42.
e) Fax: 982 25 10 42.
f) Data límite de obtención de documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: a que se cita no encabezamento (de ser esixible).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».
c) Lugar de presentación: rexistro xeral, de 10 a 14 horas.
1) Entidade: Deputación de Lugo.
2) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
3) Localidade e código postal: Lugo, 27001.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.
e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.
f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para o presente concurso.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Deputación de Lugo.
b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Nos teléfonos indicados.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta dos adxudicatarios.
Lugo, 7 de abril de 2000.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo