Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 17 de febreiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Acepta-la división en dúas fases do proxecto de urbanización parcial do SU-6 zona 1, entre a rúa Ponte Pelamios e Camelias.

2. Aprobar definitivamente a fase primeira do proxecto de urbanización parcial da zona 1 do SU-6, do PXOU de Ourense, entre a rúa Ponte Pelamios e Camelias, por instancia de Moure S.L. logo de constitución de garantía.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 9 de marzo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente