Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, actuando por delegación do 8-7-1999, acordou en sesión do 14 de marzo de 2000 aprobar incialmente o estudio de detalle promovido por Urbanizaciones Betanzos, S.L., referido a parcela municipal nº 121, no ámbito de aplicación do Plan parcial do pasatempo; exponse ó público por espacio dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que calquera persoa poida formula-las alegacións que considere procedentes.

O expediente de referencia queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servicio de Urbanismo deste concello-edificio Liceo.

Betanzos, 30 de marzo de 2000.

Antonio Lagares Pérez

Delegado de Urbanismo