Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 28 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU-17/1999-AN (animais-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, a incoación do correspondente expediente sancionador

acordada polo delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense, por presunta infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior.

Noméase instructora do expediente a Míriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 44.2º, da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase a caducidade do expediente por teren transcorrido os prazos legalmente establecidos tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción en 50.001 pesetas de multa.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Montes e MAN desta consellería de acordo co artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade e Decreto 153/1998, do 2 de abril.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 28 de marzo de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

-Expediente: OU-17/99-AN.-Denunciado: José Manuel Merelles Janeiro.

-DNI: 44.475.669.

-Último enderezo coñecido: A Pedrosa, 72-2º C (Ourense).-Feitos probados: por transportar no maleteiro do seu vehículo Ford Fiesta, matrícula V-1669-BV, tres cans, dous de raza Pointer e un Epanowell Bretón sen poder moverse debido ó escaso espacio dispoñible, con falta de osíxeno.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 24.2º b) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, e Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento da lei anterior.-Sanción: 50.001 ptas.