Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 20 de marzo de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Caneiro e As Pías, pertencentes á parroquia de Fozara do concello de Ponteareas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 21 de xullo de 1999, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Fozara.

Nome do monte: Caneiro.

Cabida: varía entre as 12.21 ha ás 11.91 ha, en función de que se teña ou non en conta unha parcela de 3.093 m, que a propia comunidade descoñece se é ou non comunal.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de:

Enrique Groba Otero.

Luz Gándara Antela.

Emilio Rodríguez Pérez.

Juan J. Rodríguez González.

Aurelia Gándara Bugarín.

José Otero Otero.

Benjamín González López.

Manuel Táboas Carrera e outros.

Sur: río Tea e propiedades particulares de:

Manuel Amoedo Coto.

Herdeiros de Asunción Groba.

Carmen Domínguez Táboas.

Enrique Groba Otero.

Jesús Otero Otero e outros.

Leste: propiedades particulares de:

Amelia Gándara Bugarín.

Enrique Groba Otero.

José Nogueira López.

Mª Esther Cuevas Bugarín.

Amelia Gándara Bugarín.

Dolores Barroso Méndez.

Otilia Cuevas Bugarín.

José Otero Otero e outros.

Oeste: río Tea.

Descrición:

O monte Caneiro, atravesado de N a S pola estrada Ponteareas-Pazos, presenta un enclavado con varios propietarios na súa zona oeste, e está arborada practicamente na súa totalidade con piñeiral de varias clases de idade e algunhas zonas de frondosas, sobre todo, nas marxes do río Tea.

Nome do monte : As Pías.

Cabida: 1,64 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de:

Herdeiros de Malvina Natal Castellano.

Herdeiros de Odilio Nogueira García.

María López García.

Herdeiros de Pilar Villar Vello.

Josefa Bugarín García.

María López García.

Jesús Otero Otero.

Benjamín González López e outros.

Sur: propiedades particulares de:

Josefa Bugarín García.

Mª López García e outros.

Río Tea.

Leste: propiedades particulares de:

Mª Antela Codesededa.

Ramiro Antela.

Dolores Bugarín García.

Avenida Álvarez.

Ramiro Casal Fernández.

Acuicultura de Galicia, S.A.

Carmen Redondas García e outros.

Oeste: río Tea e propiedades particulares de:

Manuel Pino Rodríguez.

Dolores Bugarín García.

Manuel Táboas Carrera.

Isaura Gándara Cobas e outros

Descrición:

A parcela As Pías está tamén poboada na súa maior parte con piñeiral de varias clases de idade.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación

cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 20 de marzo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provicial e presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común

de Pontevedra