Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/29-2, 5371 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: acometida M.T., C.T. aéreo e conexión R.B.T. existentes na Escora.

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: acometida en media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 50 m de lonxitude. Centro de transformación de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 280 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 23 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo