Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de marzo de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01880-O-1998 e dous máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes ó da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Para que conste, e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27), expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 20 de marzo de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00621-O-1999

PO-8354-AW

G.C. Tráfico

Manuel Victorio Durán Pérez, S.L.

Pino, 28-4A

36206 Vigo

(Pontevedra)

Circular transportando productos frescos (xamóns, queixos, ovos...) carecendo de tódolos distintivos do ámbito do servicio que realiza. Servicio público.

5-4-1999; 8.35.24; A-9; 147

O.M. do 25 de outubro de 1990Art. 143 da Lei 16/1987,

201 do R.D. 1211/1990

15.000 ptas.

PO-01560-O-1998

M-2847-WL

G.C. Tráfico

Félix Ricardo Gallego Menor

N. Sra. da Sainza, 4-6A

32005 Ourense

Circular cun vehículo en réxime de aluguer sen conductor por un período de tempo do 29-9 ó 30-10 transportando diversos productos de regalo e promoción sen acreditar te-la tarxeta de transportes.

3-10-1998; 23.30; N-525; 292

Art. 23 da O.M. do 20-7-1995 (BOE do 2 de agosto)Art. 143 da Lei 16/1987,

201 do R.D. 1211/1990

5.000 ptas.

PO-01880-O-1998

PO-6085-AB

G.C. Tráfico

T B Brokers, S.L.

Canido, 221

36390 Vigo

(Pontevedra)

Circular transportando palés carecendo de tarxeta de transportes.

12-11-1998; 11.15; N-552; 0,800

199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987,

201 do R.D. 1211/1990

5.000 ptas.