Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 30 de marzo de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se notifica a acumulación do procedemento de taxación pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Fernando García Tobío).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acumulación do procedemento de taxación pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 73 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no pará

grafo anterior, con enderezo na rúa do Progreso, 38 Ent., Ourense en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 30 de marzo de 2000.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Fernando García Tobío.

DNI: 34.542.330.

Enderezo: Trinidad, 10-1º, Santiago de Compostela.

Procedemento: acumulación de taxación. Exp. 2855/1994. TPC 203/1997.