Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.586

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 6 de abril de 2000 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Instituto Galego de Consumo.

Convocada por Orde do 18 de febreiro de 2000 (DOG nº 44, do 3 de marzo) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autómomo Instituto Galego de Consumo, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo, anunciado pola Orde do 18 de febreiro de 2000 (DOG nº 44, do 3 de marzo).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflectidos no punto anterior.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade con establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a

redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-admnistrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.

Juán Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

NRP: 33.270.173.68 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Pita Ponte, José María.

Denominación do posto de traballo: xefe do Servicio de Protección ó Consumidor.

Dependencia: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.737.708.