Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.584

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados para funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 51, do 14 de marzo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativos ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Efectuada proposta pola citada comisión en sesión do 18 de abril de 2000, unha vez elevada esta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados para funcionarios do corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 4 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados para funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública