Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.584

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 7 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos e excluídos no concurso 5/1999, convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999.

Advertido erro no anexo da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 70, do 10 de abril, cómpre face-la corrección de eliminar da relación definitiva de instancias excluídas a Rúa Seisdedos, Guillermo, DNI 11.692.084, que pasa a incluírse na relación definitiva de admitidos.