Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 24 de abril de 2000 Páx. 6.559

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 11 de abril de 2000 pola que se dá cumprimento ó establecido na cláusula décimo segunda do convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a colaboración na implantación dun sistema intercomunicado de rexistros entre a Administración xeral do Estado, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades locais do ámbito territorial de Galicia.

Con data do 21 de xuño de 1997 asinouse un convenio marco de colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia, que tiña como obxectivo o de que as dúas administracións asumisen o firme compromiso de mellora-la calidade na prestación dos servicios públicos, mediante a adopción de medidas que articulen un modelo de funcionamento administrativo caracterizado polos principios de economía e eficacia, e orientado definitivamente ó cidadán como suxeito activo e protagonista principal na actividade das administracións públicas.

Entre as medidas tendentes a logra-lo mencionado modelo de funcionamento administrativo destaca a de implantar un sistema intercomunicado de rexistros públicos que permitan unha mellor atención ó cidadán baseada na economía de medios, a eficacia e axilidade administrativas, eliminando parte da complexa burocracia administrativa sen, por iso, quebranta-la seguridade xurídica que debe primar nos actos emanados da Administración.

O mencionado convenio marco establecía, na súa cláusula décimo segunda, que as entidades locais interesadas na adhesión a el poderían solicitalo á Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia sempre que, xunto coas súas solicitudes, cumprisen cos requisitos que a dita cláusula determinaba.

Solicitada a adhesión por determinados concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, cómpre agora cumpri-lo disposto na mencionada cláusula mediante a publicación da aceptación no Diario Oficial de Galicia, unha vez que a Consellería da Presidencia e Administración Pública xa lles notificou esta ós concellos solicitantes.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.-Acéptase a adhesión ó convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a colaboración na progresiva implantación dun sistema intercomunicado de rexistros, solicitada polos con

cellos de Outes, Monterroso, Malpica de Bergantiños, Cariño, Vila de Cruces, Chantada, Valdoviño, Vilariño de Conso, Mondoñedo, Verea, Alfoz, Oleiros, Ortigueira, Moraña, Castro de Rei, Muros, Dozón, Arnoia, Rábade, Ribadumia, A Guarda, Ponteceso, Riós, Beade, Caldas de Reis, Ares, Folgoso do Courel, A Teixeira, Vilagarcía de Arousa, Melide, Carnota, Culleredo, Baleira e Boiro, mediante a sinatura dos correspondentes protocolos.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública