Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BANDE

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 35 con data do 12 de febreiro de 2000, publicáronse integramente as bases para a provisión, polo procedemento de concurso-oposición, con reserva para a promoción interna, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario (oferta de emprego público para 1999) da escala de Administración xeral, subescala administrativo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 de días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE e dirixiranse o alcalde do concello, manifestando que reúnen as condicións esixidas na base 3ª da convocatoria.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Bande. Tamén se poderán presentar na

forma que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Os demais anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Bande, 17 de febreiro de 2000.

Amador de Celis Suárez

Alcalde