O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: adquisición de moblaxe, vestiarios e dotación diversa (5 lotes).
Orzamento: once millóns corenta e dúas mil cincocentas pesetas, IVE incluído. (11.042.500 pesetas IVE incluído) (66.366,76 euros).
Lote 1: dotación vestiarios. 3.938.000 pesetas (23.667,87 euros).
Lote 2: audivisuais. 1.975.000 pesetas (11.869,99 euros).
Lote 3: andeis metálicos. 2.475.000 pesetas (14.875,05 euros).
Lote 4: utensilios varios. 1.484.500 pesetas (8.922,02 euros).
Lote 5: moblaxe á medida. 1.170.000 pesetas (7.031,84 euros).
Garantía provisional:
Lote 1: 78.760 pesetas (473,36 euros).
Lote 2: 39.500 pesetas (237,40 euros).
Lote 3: 49.500 pesetas (297,50 euros).
Lote 4: 29.690 pesetas (178,44 euros).
Lote 5: 23.400 pesetas (140,64 euros).
Ver resumo do prego de prescricións técnicas (ver anexo III).
Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata 31 de decembro de 2000.
Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.
Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministracións e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.
Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, con base na directiva 89/336CE ou 93/42CE e acompañado do número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).
No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.
Criterios de adxudicación:
1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc.: ata 50 puntos.
2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, do contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc.: ata 25 puntos.
3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.
4. Outros valores engadidos: (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.): ata 10 puntos.
Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución
no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado dende o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegaran os licitadores licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de
Recursos Económicos