O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:
Subministración: adquisición de equipamento de visualización de parametros e terapia. (6 lotes).
Orzamento: trinta e oito millóns vintecinco mil pesetas, IVE incluído. (38.025.000 pesetas) (228.534,85 euros).
Lote 1: sistema de monitorización reanimación/Desp. 17.900.000 ptas., 107.581,17 euros.
Lote 2: monitor presión arterial. 2.280.000 ptas., 13.703,08 euros.
Lote 3: desfibriladores. 6.200.000 ptas., 37.262,75 euros.
Lote 4: electrocardiógrafos. 3.400.000 ptas., 20.434,41 euros.
Lote 5: bisturí eléctrico. 6.545.000 ptas., 39.336,24 euros.
Lote 6: aspiradores intermitentes. 1.700.000 ptas., 10.217,21 euros.
Garantía provisional:
Lote 1: 358.000 ptas., 2.151,62 euros.
Lote 2: 45.600 ptas., 274,06 euros.
Lote 3: 124.000 ptas., 745,26 euros.
Lote 4: 68.000 ptas., 408,69 euros.
Lote 5: 130.900 ptas., 786,72 euros.
Lote 6: 34.000 ptas., 204,34 euros.
Ver resumo do prego de prescricións técnicas (ver anexo III).
Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000.
Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.
Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministracións e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.
Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.
Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo (marcado CE, con base na directiva 89/336CE ou 93/42CE e acompañado do número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).
No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.
Criterios de adxudicación:
1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc.: ata 50 puntos
2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, do contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc.: ata 25 puntos.
3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.
4. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas etc.): ata 10 puntos.
Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 54 27 62 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos