Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de marzo de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02160-O-1999 e catro máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 20 de marzo de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02160-O-1999

PO-5093-BB

G.C. Tráfico

Correa, Montajes y Suministros, S.L.

Vincios-Pasaxe, Nave 24

36380 Gondomar

(Pontevedra)

Transportar 15.400 tubos de ferro de varias medidas desde Vigo ata O Porriño, carecendo de tarxeta de transportes. Non ostenta ningún distintivo de radio de acción. Efectúase a pesaxe na báscula do Porriño, dando un peso total de 12.020 kg sendo o PMA de 9.300 kg. -Exceso de 2.720 quilos = 29,25%. Non se inmobiliza por proximidade a destino. Servicio privado.

30-8-1999; 16.35.00; N-120; 664

Art. 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990, artigo 200.3º do R.D. 1211/1990.Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990 Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990110.000 ptas.

PO-02213-O-1999

PO-8458-AM

G.C. Tráfico

Gestión Logística de Vehículos, S.L.

Areal estación ferrocarril Guixar, s/n

36201 Vigo

(Pontevedra)

Efectuar un transporte público de mercadorías, carecendo de tarxeta de transportes. Arrastra semirremolque matrícula M-10574-R da titularidade de Adersa Vigo, S.L. Servicio público.

31-8-1999; 9.30.00; A-9; 155,500

Art. 90 da Lei 16/1987, e artigo 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990250.000 ptas.

Precintado do vehículo

PO-02260-O-1999

PO-8731-BG

G.C. Tráfico

Sertegasam, S.L.

Avda. Castelao, 50

36209 Vigo

(Pontevedra)

Circular transportando diverso material de asistencia técnica, cun peso total de 2.460 quilos, sendo o PMA de 2.220 quilos, o que supón un exceso de peso de 240 quilos=10% circular carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

11-9-1999; 1.50.00; N-552; 8.500

Art. 103 da Lei 16/1987, e artigo 158 do R.D. 1211/1990.Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.

PO-02298-O-1999

M-6889-LH

G.C. Tráfico

Veracierto, S.L.

Avda. de Fragoso, 83

36210 Vigo

(Pontevedra)

Transportar productos alimentación, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado.

17-9-1999; 12.05.58; PO250; 8.600

Artigo 199 b) do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/19905.000 ptas.

PO-02308-1999

M-5248-LY

G.C. Tráfico

Transportes M.A.E., S.L.

Carracido, s/n

36400 O Porriño

(Pontevedra)

Transporta paquetería, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

17-9-1999; 21.00.22; N-120; 647

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/199050.000 ptas.