Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.520

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4239/2000).

Polo presente edicto faise saber que na providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Luis Sánchez González, en nome e representación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, contra o Decreto 342/1999, da Xunta de Galicia do 16-12-1999 (DOG do 4 de xaneiro de 2000). sobre obrigatoriedade de apertura das oficinas de farmacia os sábados pola mañá.

Recurso número: 02/0004239/2000.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vintesete de marzo de dous mil.

A Secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente