Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 19 de abril de 2000 Páx. 6.518

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 28 de xaneiro de 2000, correspondentes á categoría 4 (gobernante, gobernante servicios domésticos) (lista B) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 20 de marzo de 2000 resolución estimatoria do recurso formulado por Teresa Hernández López, contra a Resolución do 28 de xaneiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 4 (gobernante, gobernante servicios domésticos) (lista B) do grupo III.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada por esta, nas listas publicadas por Resolución do 28 de xaneiro de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 4 (gobernante, gobernante servicios domésticos) (lista B) do grupo III, cos datos seguintes:

Teresa Hernández López, DNI: 32.313.106, lista B, puntuación: 18,655 puntos.

No posto número 1 para o ámbito D1500.

DNI: 32.313.106.

Apelidos: Hernández López.

Nome: Teresa.

Base 1: 12,905.

Base 2 *: 4,650.

Base 3 *: 0.

Base 4 *: 3,000.

Base 5: 0.

Base 6: 0.

Base 7: 0,750.

Base 8: 0.

Total: 18,655.

* A suma da puntuación dos puntos b2, b3 e b4 non poderá exceder de 5 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta as modificacións ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública