Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.472

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO LOCAL DA FESTA DO MARISCO E O TURISMO DO GROVE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

Padroado Local da Festa do Marisco e Turismo do Grove.

2. Obxecto do contrato:

Explotación de Feiramar dos anos 2000, 2001, 2002 e 2003, baixo a modalidade de xestión interesada.

Lugar de execución: O Grove.

Prazo de execución: será de catro anos, desde a adxudicación definitiva ata o remate e liquidación das obrigas derivadas de Feiramar do ano 2003.

3. Tramitación: ordinaria.

Forma de adxudicación: procedemento negociado con publicidade.

4. Orzamento base de licitación: cincocentas mil pesetas anuais (500.000 ptas./ano) máis a porcentaxe de participación do adxudicatario na recadación por entradas de Feiramar.

5. Garantías:

Provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

Definitiva: un millón duascentas mil (1.200.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información: Casa do Concello do Grove, praza do Corgo, 1, (36980) O Grove (Pontevedra), teléfono/fax: 986 73 02 27/986 73 13 58. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación de ofertas: durante os catorce días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP e no DOG, das 9 ás 14 horas.

-Documentación: a establecida na cláusula dez do prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses.

-Admisión de variantes: admítense variantes conforme os criterios de adxudicación establecidos na base dez (10) do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, ás 13 horas do quinto día hábil seguinte, non sábado, despois do da apertura do sobre A.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

O Grove, 10 de abril de 2000.

Miguel Ángel Pérez García

Presidente