Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/79-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sambade-Mirón.

Situación: A Laracha.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 188 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Lestón (expediente 8/1996) e final no C.T. Sambade-Mirón, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intem

perie, sobre apoio de formigón, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 165 m de lonxitude. A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña