Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.439

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de abril de 2000 pola que se resolve definitivamente a segunda fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 15 de xullo).

Por Orde do 14 de febreiro de 2000 (DOG nº 35, do 21 de febreiro) resólvese definitivamente a primeira fase do concurso para a provisión de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, convocado pola Orde do 29 de xuño de 1999 (DOG nº 135, do 15 de xullo).

Así mesmo, pola Resolución do 26 de marzo de 2000 (DOG nº 59, do 24 de marzo) foron citados os participantes á segunda fase do devandito concurso para a elección de destino definitivo.

Realizado o acto o día 5 de abril de 2000, procede agora, de conformidade co previsto no punto segundo da base décimo segunda da Orde do 29 de xuño de 2000, dictar resolución e publicala no Diario Oficial de Galicia cos destinos definitivos da 2ª fase do concurso, indicando nela as condicións de cesamento e de toma de posesión, tanto dos funcionarios ós que se lles adxudicou posto de traballo na primeira

fase como ós que se lles adxudicou destino definitivo na segunda fase do concurso.

O Decreto 53/2000, do 16 de marzo (DOG nº 58, do 23 de marzo), regula o cesamento e a toma de posesión do persoal pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo as datas do cesamento e da toma de posesión dos participantes en ámbalas dúas fases do concurso citado.

Por todo iso, esta consellería

ACORDA:

Primeiro.-Resolver definitivamente a segunda fase do concurso para a provisión dos postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia pertencentes ós servicios veterinarios oficiais da Comunidade Autónoma, nos termos que aparecen reflectidos no anexo desta orde.

Segundo.-De conformidade co establecido no Decreto 53/2000, do 16 de marzo, a data na que se producirá o cesamento nos actuais postos de traballo de tódolos participantes en ámbalas dúas fases do concurso será o día 22 de maio de 2000 e a data na que deben tomar posesión dos novos postos de traballo será o día 23 de maio de 2000.

No suposto de que algún funcionario estea, nesas datas, gozando dun permiso, licencia ou vacacións ou se atopase en situación de incapacidade temporal, será, de oficio, cesado no seu actual posto de traballo e daráselle posesión do novo posto nas datas indicadas, mantendo, se é o caso, a situación de gozo do permiso, licencia ou vacación ou incapacidade temporal.

A toma de posesión dos funcionarios que pasen destinados á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais realizarase ante as direccións provinciais do Sergas, agás o persoal destinado á Dirección Xeral de Saúde Pública que tomarán posesión ante a División de Recursos Humanos. Os funcionarios destinados á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes tomarán posesión nas delegacións provinciais respectivas da consellería e os destinados á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura tomarán posesión ante as delegacións territoriais desta.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xuño.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública