Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación das subministracións correspondentes ó expediente 8/2000.

Subministracións.

Expediente nº: 008/2000.

Obxecto: nova rede de datos da Universidade de Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela e Lugo.

Provincia: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 120.000.000 de ptas. ou 721.214,53 euros IVE incluído.

Garantía prosional: 2.400.000 ptas. ou 14.424,29 euros.

Prazo de entrega: 60 días.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega/execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías.

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación.

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copisteria Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 (galerias) Santiago de Compostela, (teléfono 981 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono 982 25 23 03 ext. 22475).

Obtención de información.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 12 de maio de 2000.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 12 de maio de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

2ª Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou en:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

2ª Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

3ª Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o 15 de maio de 2000.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó DOCE. 21 de marzo de 2000.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2000.

P.D. (Resolución do 1-2-2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos