Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 30247 Ampliación-1999).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: proxecto Sub. A Mourela, Ampli. módulo 132 kV Somozas.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: ampliación da subestación da Mourela dotándoa dunha nova posición denominada parque eólico de Somozas, consistente en: pórtico de estructura metálica para amarre da liña de chegada e prolongación de embarrados. 2 seccionadores xiratorios tripolares de 2000 A para barras. Interruptor automático tripolar en SF6 a 132 kV e 2000 A. Seccionador xiratorio tripolar de 2000 A. con coitelas de P.A.T. 3 transformadores de tensión e outros tres de intensidade. 3 pararraios autoválvulas. Equipo de control proteccións, medida e telemando no edificio de mando existente. As Pontes de García Rodríguez.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña