Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. subestación-C.T. San Francisco.
Situación: Ribadavia.
Características técnicas: liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20, de 525 m, desde o C.T. Rodríguez Valcárcel ata o C.T. San Francisco; desde este C.T. parte outra liña subterránea das mesmas características ata a L.M.T. ó C.T. Magdalena, no seu paso de aérea a subterránea.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
Ourense, 20 de marzo de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense