Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.336

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO ONCE DE MADRID

EDICTO (D-118/2000).

Eu, Ángel J. Zuil Gómez, secretario do Social número once dos de Madrid e a súa provincia, fago saber que por providencia dictada no día da data,

no proceso seguido por instancia de Federico Tomás Ansón Jiménez contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Grupo Star Computer, S.L., en reclamación por cantidade, rexistrado co número D-118/2000, acordouse citar a Grupo Star Computer, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26 de abril de 2000, ás 10.10 horas da mañá, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que terán lugar na sala de vistas do Xulgado do Social número once, sito na rúa Hernani, 59, 3º, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

E para que lle sirva de citación a Grupo Star Computer, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no BOP da Coruña e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, vinte de marzo de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado