Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 14 de abril de 2000 Páx. 6.325

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 3 do grupo IV (auxiliar de clínica e outros) (lista A) publicada por Resolución do 21 de xaneiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 27 de xaneiro).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 do grupo IV (auxiliar de clínica e outros) (lista A) publicadas na Resolución do 21 de xaneiro de 2000 (DOG nº 18, do 27), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Esther Carballido Hortas con DNI nº 33.847.418 no ámbito xeográfico X3609 na lista A1 no número de orde 7 cunha puntuación 18,320 puntos.

En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública