Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a formulación do Plan especial para a ordenación do parque público de Belvís, segundo o previsto no artigo 173.3º do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), aprobado definitivamente con data do 24 de marzo de 1997, de acordo co contido do artigo 26.2º a) da Lei 1/1997 do solo de Galicia e concordantes do Regulamento de planeamento.

Tipo de licitación: 5.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: o traballo efectuarase en varias fases, sinaladas no prego de condicións.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corrresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: a documentación poderá recollerse o seguinte enderezo: Copy Nova. r/Nova de Abaixo, nº 12, local 4, teléfono: 981 59 23 93.

Información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios) teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe, criterios de adxudicación, do prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona..... con domicilio en..... rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, toma parte en nome propio (ou en representación de.....) na licitación do contrato de..... para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... pesetas que supón unha baixa de..... pesetas, con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións que rexe a licitación.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En..... o..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso..... presentada por.....

En..... o ..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde