Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO polo que se anuncia o arrendamento mediante poxa de bens patrimoniais aprobado en sesión plenaria do 15 de febreiro do ano 2000.

1. Obxecto do contrato:

Constitúe o obxecto do contrato o arrendamento mediante poxa dunha parcela de 80 (oitenta) metros cadrados, dentro do ben de propios seguinte: dunha porción de monte ermo, na parroquia de Lariño, do seguinte ben de propiedade municipal, de carácter patrimonial, inscrita no Rexistro da Propiedade de Muros, co número 3.856, o 15 de abril de 1958, ó tomo 227, libro 39, folio 69, inscrición 1ª.

2. Tipo de licitación:

O canon de arrendamiento fíxase en 500.000 (cincocentas mil) pesetas anuais, máis IVA, cunha actua

lización dun 5 (cinco) por cento sobre o canon do ano anterior.

O pagamento do canon realizarase nos primeiros vinte días de cada ano natural polo importe da anualidade.

O canon poderá ser mellorado á alza.

3. Duración do contrato:

A duración do contrato de arrendamento fíxase en quince anos improrrogables.

4. Fianza definitiva:

O licitador adxudicatario constituirá unha fianza definitiva por importe de cincocentas mil pesetas, en calquera das formas admitidas pola Lei de contratos das administracións públicas.

5. Gastos:

O adxudicatario queda obrigado ó pagamento dos anuncios e impostos que procedan.

6. Condicións especiais:

Será por conta do arrendatario o abonamento das subministracións de auga, gas, electricidade, e outros, que consuma con ocasión da utilización do ben inmoble arrendado.

7. Proposicións e documentación:

1. As proposicións para tomar parte ha poxa presentaranse en sobre pechado no cal figurará o seguinte lema:«Proposición para tomar parte no arrendo mediante poxa do ben inmoble patrimonial convocado polo Concello de Carnota».

Co seguinte modelo:

«Don/Dona....., maior de idade, con enderezo en..... DNI nº..... en nome propio (ou en presentación de..... ) como acredita por..... coñededor/a da convocatoria da poxa publicada no BOP nº..... de data....., toma parte nela e comprométese a arrendalo ben polo prezo de..... (letra e número), de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas que acepta integramente».

Lugar, data e sinatura

2. Os licitadores presentarán simultaneamente o modelo de proposición e no mesmo sobre os seguintes documentos:

a) Documento nacional de identidade ou fotocopia auténtica.

b) Declaración xurada de non atoparse incurso nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

c) Escritura de poder, se se actúa en representación doutra persoa, legalizado, se é o caso, e verificado na súa suficiencia polo secretario xeral da Deputación Provincial ou do Concello de Carnota.

d) Escritura de constitución da sociedade mercantil, inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

e) Declaración expresa, baixo a súa responsabilidade de que se atopan ó corrente das súas obrigas

tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, outorgada ante notario público ou certificado acreditativo de atoparse ó corrente das obrigas citadas.

8. Presentación de proposicións:

As proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Carnota durante o prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG das 9 ás 14 horas.

9. Apertura de plicas:

Terá lugar no salón de actos do Concello de Carnota durante os dez días seguintes ó prazo de terminación de presentación de proposicións.

10. Adxudicación definitiva:

Declarada válida a forma de adxudicación do contrato o pleno da corporación realizará a adxudicación definitiva.

Carnota, 23 de febreiro de 2000.

Xosé Manuel García Martínez

O alcalde