Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Dirección Médica do Hospital de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e polo trámite ordinario, para a contratación administrativa do servicio de caixeiro automático. (CP 4/2000).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación

polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite ordinario, do servicio de caixeiro automático (CP 4/2000).

I. Obxecto e orzamento da contratación.

A contratación administrativa do servicio de caixeiro automático.

II. Forma de adxudicación.

Procedemento aberto mediante concurso público polo trámite ordinario.

III. Prazo de execución.

Inmediato a partir da data de notificación da adxudicación.

IV. Documentación de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono 982 41 79 18, fax 982 40 40 06, en días laborables das 9 ás 14 horas.

V. Fianzas.

-A fianza provisional será de 15.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

-A fianza definitiva será de 30.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia económica e financeira.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

VIII. Criterios de adxudicación.

Segundo o punto 8 da folla de especificacións do concurso.

IX. Clasificación.

Non se precisa.

X. Presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envío por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982 40 40 06) ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

XI. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto

público na sala de xuntas anexa á Dirección Médica do Hospital, ás 13.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do concurso.

Monforte de Lemos, 4 de abril de 2000.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital de Monforte