Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do concurso de referencia O2000/15.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O2000/15.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de sinalización horizontal da rede viaria municipal. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 69.914.416 ptas., (420.194,10 euros) (IVA incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo G, subgrupo 5, categoría d.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: ata tres.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 3 de abril de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación