Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.150

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión de prazas de secretarios técnicos e técnicos especialistas de laboratorio dos servicios xerais de Apoio á Investigación e da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación, convocadas por Resolución do 1 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro de 2000).

Expirado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, este rectorado, en cumprimento do previsto na base 4.1 da Resolución do 1 de decembro de 1999 (DOG do 5 de xaneiro de 2000), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de secretarios técnicos e técnicos especialistas de laboratorio dos servicios xerais de Apoio á Investigación e da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación vacantes nesta universidade, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1 faise público que o primeiro exercicio da oposición dará comezo o día 3 de maio de 2000 na sala de xuntas da Xunta de Goberno da universidade (rúa Mestranza, s/n), ás horas que a seguir se indican para cada unha das prazas:

a) Secretario técnico da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación: 16 horas.

b) Secretario técnico dos servicios xerais de Apoio á Investigación: 17 horas.

c) Técnico especialista de laboratorio do Sxain: 18 horas.

Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade e bolígrafo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 23 de marzo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña