Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.146

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de marzo de 2000 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Advertidos erros no texto da citada orde, remitido para a súa publicación no DOG nº 63, do 30 de marzo, é necesario realiza-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.388, na praza de secretaría do Concello de Oleiros (A Coruña), débese engadi-los seguintes parágrafos:

Para efectos de valoración dos méritos específicos para a praza que se oferta, faise constar que respecto dos cursos e titulacións, soamente se valorarán os impartidos polos organismos que se citan, debéndose acreditar mediante os títulos específicos. Poderanse presentar en orixinal, ou ben, en fotocopia compulsada.

Respecto da experiencia profesional en municipios que se indican, deberase acreditar mediante certificación de servicios prestados e certificado no que conste o importe do orzamento e o cadro de persoal

e datos referidos ós anos no que se prestaron os servicios no municipio en cuestión.

Entrevista:

Os tribunais de valoración poderán acorda-la celebración da entrevista para efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados en que o consideren necesario. En tales casos, notificaráselles ós concursantes afectados a data, hora e lugar da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse desde fóra da provincia, aboaránselles os gastos de desprazamento que supuxese.

Puntuación mínima:

Quedan excluídos os candidatos que non obteñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

-Na páxina 4.389, na praza de intervención 1ª do Concello de Oleiros, onde di: «por servicios prestados como interventor ou tesoureiro na mesma categoría ou subescala cá praza convocada en concellos marítimo-costeiros, cun orzamento e cadro de persoal...», debe dicir: «por servicios prestados como interventor ou tesoureiro na mesma categoría e subescala cá praza convocada en concellos con orzamento e cadro de persoal...».

-Na mesma páxina, para a mesma praza, deben engadirse os seguintes parágrafos:

Para efectos de valoración dos méritos específicos para a praza que se oferta, faise constar que respecto dos cursos e titulacións, soamente se valorarán os impartidos polos organismos que se citan, debéndose acreditar mediante os títulos específicos. Poderanse presentar en orixinal, ou ben, en fotocopia compulsada.

Respecto da experiencia profesional en municipios que se indican, deberase acreditar mediante certificación de servicios prestados e certificado no que conste o importe do orzamento e o cadro de persoal e datos referidos ós anos no que se prestaron os servicios no municipio en cuestión.

Entrevista:

Os tribunais de valoración poderán acorda-la celebración da entrevista para efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados en que o consideren necesario. En tales casos, notificaráselles ós concursantes afectados a data, hora e lugar da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse desde fóra da provincia, aboaránselles os gastos de desprazamento que supuxese.

Puntuación mínima:

Quedan excluídos os candidatos que non obteñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

-Na mesma páxina (Concello de Pontevedra), onde di: «categoría: superior», debe dicir: «categoría: indistintamente entrada ou superior».

-Na páxina 4.393 (Concello de Moeche), onde di: «...polas entidades nas que fosen presentados os ditos servicios», debe dicir: «...polas entidades nas que fosen prestados os ditos servicios».

-Na mesma páxina, no epígrafe de formación específica, débese engadir: «curso sobre contratación administrativa local (mínimo 45 horas lectivas): 0,40 puntos».

-Na páxina 4.395 (Concello de Monterroso), onde di: «Contratación. A execución do contrato de obra MAP-INAP. 20 ou máis: 0,30 puntos pública no ámbito das CC.LL.», debe dicir: «Contratación. A execución do contrato de obra no ámbito das CC.LL. MAP-INAP. 20 ou mais horas lectivas: 0,30 puntos».

-Na páxina 4.397, onde di: «suplente: a secretaria do Concello da Illa de Arousa, Mª Monserrar Conde López», debe dicir: «suplente: a secretaria do Concello da Illa de Arousa, Mª Monserrat Conde López».

-Na páxina 4.399 (Concello do Pino), onde di: «2º vocal: Manuel López Martínez...», debe dicir: «2º vocal, Manuel López Rodríguez».